
O vindeiro 24 de maio, a Praza do Recheo de Ponteceso acollerá unha gran Macrosesión Vermú solidaria a favor da Asociación Princesa Rett.
O evento contará coa participación de:
🎤 Laura Añón
🎶 Drew Korme
🏍️ Fran Gómez Pallas, campión do Dakar Mission 1000
Ademais, celebrarase unha concentración moteira con percorrido pola comarca de Bergantiños, facendo paradas no Porto de Malpica e no espectacular Faro Roncudo, dirixida por Fran Gómez Pallas.
Unha xornada solidaria chea de música, motor e bo ambiente. ¡Non faltes!