
O Concello de Concello de Coristanco continúa avanzando na mellora das infraestruturas municipais coa execución das obras de acondicionamento e modernización dos centros sociais de Cereo, Valenza, Xaviña, Seavia, Oca, Rececinde, Agualada, Cuns e Couso.
Estas actuacións teñen como principal obxectivo dotar aos espazos dunhas instalacións máis modernas, accesibles e eficientes, mellorando a súa funcionalidade e favorecendo o uso diario por parte da veciñanza. Os traballos permitirán renovar e adaptar os centros sociais ás necesidades actuais, converténdoos en espazos máis cómodos e preparados para o desenvolvemento de actividades sociais, culturais e comunitarias.
O proxecto conta cun investimento total de 162.708,70 euros e está financiado pola Deputación da Coruña con cargo ao POS+2025.
Desde o goberno municipal destacan a importancia destas actuacións para seguir impulsando a mellora dos equipamentos públicos nas parroquias e reforzar os espazos de encontro e convivencia dos veciños e veciñas do municipio.