
O Concello da A Baña vén de poñer en marcha os primeiros traballos da brigada contratada a través do programa PEL-Concellos da Deputación da Coruña.
Os traballadores Santiago, Javier e Antonio intégranse neste equipo de apoio municipal que desenvolverá tarefas durante os próximos seis meses no municipio. Entre as súas funcións principais atópanse o mantemento e a limpeza dos espazos públicos nas distintas parroquias, co obxectivo de mellorar o estado das infraestruturas municipais e favorecer o coidado da contorna.
Esta actuación enmárcase na participación do Concello da Baña no Plan de Emprego Local (PEL), unha iniciativa impulsada pola Deputación da Coruña orientada a fomentar o emprego e reforzar os servizos municipais dirixidos á veciñanza.
Con este programa, búscase non só mellorar a conservación dos espazos públicos, senón tamén impulsar políticas activas de emprego no ámbito local.



