
Dende o Concello de Malpica informase os veciños de que rematarón as obras de mellora das infraestruturas, da rede de pluviais e da pavimentación no núcleo de Santiso, unha actuación incluída no Plan Único (POS+) 2023.
As obras foron executadas pola empresa SYR-AMG, SL, cun orzamento total de 172.634,68 euros. O proxecto tiña como obxectivo principal a mellora da rede de recollida de augas pluviais e a renovación dos pavimentos, co fin de optimizar as condicións de accesibilidade, seguridade e confort da veciñanza.
O Concello agradece a colaboración da cidadanía durante o tempo de execución dos traballos e destaca a importancia deste tipo de actuacións para continuar mellorando os servizos e a calidade de vida no noso rural.
Pero como xa nos teñen acostumados non falan da supuesta ilegalidade denunciada en redes sociaís dun muro no que non dan explicación do retranqueo que fixerón na estrada.



