Avanzan as Obras en Lema e Razo

O proxecto de pavimentación da estrada municipal que comunica Arnados con Sambade ao longo da costa non só inclúe o algomerado dos 4.675 metros de vía, senón tamén a pavimentación con cemento das rúas afectadas nos núcleos do Igrexario (Lema) e Arnados (Razo).

No Igrexario xa están rematados os traballos, mentres que en Arnados están previstos para a semana que vén, polo que a vía de acceso desde Razo cara Lema estará cortada ao tráfico desde o luns 21 ata o venres 25 ‼️

As obras foron adxudicadas á empresa carballesa Vázquez y Reino por 542.593,78 euros. A actuación incluíu a ampliación do ancho da calzada onde foi posible, a limpeza de gabias, a drenaxe de pluviais e a capa de aglomerado en quente nunha superficie de 26.000 metros cadrados, ademais da pavimentación con cemento nos dous núcleos e unha senda peonil de 230 metros de lonxitude en Arnados, na marxe esquerda da vía. A sinalización horizontal e vertical completará o proxecto.