Queixas en Porto do Son polo mal estado dunha parada de autobús en Basoñas

Veciñanza de Basoñas, no concello de Porto do Son, amosa a súa preocupación polo estado no que se atopa a parada de autobús situada xunto ao Bar de Chuca.

Segundo sinalan os usuarios, a parada leva tempo presentando un importante deterioro e, polo momento, continúa sen ser reparada. A situación está a xerar malestar entre as persoas que utilizan habitualmente este servizo de transporte público.

A veciñanza reclama que se leve a cabo canto antes unha actuación para arranxar e acondicionar a parada, co obxectivo de garantir unhas condicións adecuadas e seguras para as persoas usuarias.

Os afectados agardan que a situación sexa atendida e que se adopten as medidas necesarias para solucionar un problema que, segundo indican, leva tempo pendente de reparación.