O líder do Psoe de Malpica denuncia o estado de abandono dos lavadoiros de Malpica

O líder do Psoe de Malpica de Bergantiños Walter Pardo Añón denuncia o estado de abandono que sofren os lavadoiros de Malpica.

En Palabras de Walter : É certo que os lavadoiros perderon o seu uso, ainda que sei que se siguen o usando para, sobretodo, lavar as alfombras. Pero nunca perderán a sua historia. Son parte do patrimonio municipal e un gran recordo para tod@s cando nos acordamos da nosa infancia.

Houbo varias queixas de veciñ@s fai meses, reclamando e con razón, unha limpeza, pero polo que se vé, non foron atendidos!

A historia e o patrimonio hai que mantelo ben cuidado sempre, porque non olvidemos…que “O que esquence as suas raíces, perde a sua identidade”

Video

https://www.facebook.com/1640003879/videos/pcb.10234287544243569/775426605138770