Un accidente moi grave na AG-56, en sentido Santiago, á altura de Costoia

Un accidente de tráfico de carácter moi grave rexistrouse durante a pasada noite na autovía AG-56, en sentido Santiago de Compostela, á altura de Costoia, no concello de Ames.

Ata o lugar do sinistro desprazáronse efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ames (AVPC Ames), persoal sanitario do 061, axentes da Garda Civil de Tráfico e operarios de mantemento da autovía.

Os equipos de emerxencias interviñeron no dispositivo despregado para atender o accidente e garantir a seguridade na vía.

A información e as fotografías do suceso foron facilitadas pola Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ames (AVPC Ames).

Polo momento, non transcenderon máis datos sobre as circunstancias do accidente nin sobre posibles persoas afectadas.