
O grupo de Acción Feminista do BNG da Costa da Morte celebrou este martes, 24 de novembro, un acto con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, o 25-N, na Estatua da Muller de Camariñas.
A convocatoria incluíu a lectura dun manifesto en defensa da loita feminista e a reivindicación dunha sociedade libre de violencia machista, así como unha ofrenda floral en memoria de todas as vítimas da violencia de xénero.
No acto participou Ana Pasantes, número 8 da candidatura do BNG ao Congreso pola Coruña, acompañada por compañeiras da formación nacionalista da comarca.
Desde Acción Feminista do BNG da Costa da Morte reafirmaron o seu compromiso coa loita contra as violencias machistas e reivindicaron unha sociedade na que se respecten os dereitos, a liberdade e a igualdade das mulleres.
A formación nacionalista subliñou que continuará traballando e reclamando medidas para avanzar cara a unha sociedade libre de violencias contra as mulleres.
