Un varón abrigado a pagar 270€ de multa por un acto de natureza sexual cunha vaca


Condenado en Lugo a pagar 270 euros por un acto sexual cunha vaca preñada

O Xulgado de Instrución número 1 de Lugo condenou a un home ao pago dunha multa de 270 euros por realizar un acto de natureza sexual cunha vaca preñada nunha explotación gandeira do municipio de Castro de Rei, segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

O maxistrado considerouno autor dun delito leve de malos tratos a animais, e impúxolle ademais unha inhabilitación de catro meses para o exercicio de profesións, oficios ou actividades relacionadas con animais, así como para a súa tenza.

Na sentenza, o xuíz detalla que o home atou a vaca de cabeza e cola para impedirlle reaccionar, e posteriormente realizou manipulacións na zona baixo a cola do animal, o que supón “un menoscabo e unha humillación graves” para o animal.

Os feitos ocorreron durante a madrugada do 29 de xuño de 2025, cando o denunciado foi sorprendido polos propietarios da explotación, que alertaron das irregularidades. O tribunal baseou a súa decisión no conxunto de indicios achegados, incluídos os testemuños do dono da vaca e da súa nai.

O xuíz tamén subliña que o acusado non compareceu no xuízo, nin ofreceu unha versión alternativa dos feitos, o que, segundo o fallo, reforza a credibilidade das probas presentadas pola acusación. Por todo iso, o tribunal considerou desvirtuada a presunción de inocencia e ditou a condena.