
Centos de persoas reuníronse, esta noite, baixo a gran carpa instalada na praza do Concello para inaugurar estas datas tan especiais
.
Os máis pequenos e pequenas puideron gozar dunha gran festa infantil co espectáculo
‘Tibu e os seus amigos’. Como xa é tradición, tampouco faltou a chocolatada
.
Como non podía ser doutro xeito, tamén lle demos a benvida ao #RecunchoGastronómico, onde atoperedes opcións para todos os gustos ![]()
![]()
.
Por diante temos unhas semanas de intensa actividade cultural, con múltiples propostas para todos os públicos.
Non perdades a oportunidade de gozar do
Nadal dende o corazón da Costa da Morte.











