Nova exposición no Centro Sociocultural de Baio

O Concello de Zas inaugura este venres 16 de xaneiro unha nova exposición no Centro Sociocultural de Baio. A mostra forma parte do ciclo de exposicións posto en marcha o pasado mes de outubro, unha iniciativa que se prolongará ata o mes de xuño.

Nesta ocasión, a exposición reúne obras das artistas Dolores Figueroa Calvo e Isabel Pardo Regueiro, cunha proposta centrada na pintura.

📍 Centro Sociocultural de Baio

🗓️ Do 16 de xaneiro ao 27 de febreiro

🕒 Martes a venres: 15:30 a 20:30 h

🕙 Sábados: 10:00 a 14:00 h

🎉 Inauguración: venres 16 ás 19:00 h

Unha nova oportunidade para achegar a arte á veciñanza, apoiar o talento e seguir construíndo cultura no Concello de Zas.