
Este sábado 18 de abril de 2026 celébrase en Buño “O Quinteiro dos Libros”, a partir das 16:00 h. Haberá contacontos, a actuación de Mere Clown coa historia de “O Frautista de Hamelin”, e a xornada rematará cunha merenda literaria e un mercadiño de libros. Todo o evento terá lugar percorrendo os fornos comunais históricos da olería.
A organización agradece a gran participación na recollida de libros, que xa está pechada debido á alta resposta.
Ademais, animan á xente a participar contando contos (tradicionais ou novos), de forma individual ou en grupo. Para inscribirse, hai que contactar no 686 700 766.