Cee vivirá un maio cheo de cultura e emoción

Onte tivo lugar a presentación da programación das Letras Galegas a cargo da alcaldesa, Margot Lamela; do técnico de cultura, Víctor Castiñeira; da presidenta de Terra de Sena, Beatriz Louzán; e da representante da Asociación de Comercios de Cee, Natalia Lado.

Unha proposta que une literatura, música, teatro e tradición da man do tecido asociativo e cultural da nosa vila.

📚 Novo certame do Batallón Literario da Costa da Morte (1 de maio)

💃 XXXVIII Día da Muiñeira, organizado pola A.C. Terra de Sena, unha das citas máis emblemáticas do maio en Cee

🎶 Concerto das Letras Galegas coa Banda de Música de Cee

🎭 Teatro e actividades para todos os públicos

💛 O 15 de maio, unha homenaxe moi especial ao noso querido bibliotecario, Mon.

🛍️ O comercio local será protagonista coa campaña “A campá toca en Cee”, impulsada pola Asociación de Comercios de Cee, con animación nas rúas e premios para tódalas compras realizadas o día 2 de maio no comercio local.