
Onte tivo lugar a presentación da programación das Letras Galegas a cargo da alcaldesa, Margot Lamela; do técnico de cultura, Víctor Castiñeira; da presidenta de Terra de Sena, Beatriz Louzán; e da representante da Asociación de Comercios de Cee, Natalia Lado.
Unha proposta que une literatura, música, teatro e tradición da man do tecido asociativo e cultural da nosa vila.
Novo certame do Batallón Literario da Costa da Morte (1 de maio)
XXXVIII Día da Muiñeira, organizado pola A.C. Terra de Sena, unha das citas máis emblemáticas do maio en Cee
Concerto das Letras Galegas coa Banda de Música de Cee
Teatro e actividades para todos os públicos
O 15 de maio, unha homenaxe moi especial ao noso querido bibliotecario, Mon.
O comercio local será protagonista coa campaña “A campá toca en Cee”, impulsada pola Asociación de Comercios de Cee, con animación nas rúas e premios para tódalas compras realizadas o día 2 de maio no comercio local.