A Deputación e o Concello de Zas asinan o convenio para a xestión das visitas e actividades culturais nas Torres do Allo durante 2026

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde de Zas, Manuel Muiño,…

A segunda edición de PonteFriki converterá a Camariñas no epicentro da cultura friki

A segunda edición de PonteFriki converterá a Camariñas no epicentro da cultura friki a próxima fin…

Sesión de baile para maiores no Centro Sociocultural de Zas

Esta tarde teremos unha cita moi especial coa música. A gran Mar Davila será a encargada…

inauguración de “Onde habitan as mouras. Cartografías de nós”, da artista Viki Rivadulla

Onte o Concello de Vimianzo viviu unha tarde inesquecible na Sala de Exposicións Antón Mouzo coa…

O BNG de Camariñas celebra o cambio de nome da Avenida Ambrosio Feijóo e lembra que foi unha proposta súa

Os nacionalistas presentaran unha moción en marzo de 2025 na que solicitaban a retirada do nome…

O BNG de Vimianzo solicita explicacións pola viaxe de cinco concelleiros a FITUR

Vimianzo, 28 de febreiro de 2026. O BNG de Vimianzo rexistrou no Concello unha solicitude de información para coñecer con detalle os gastos derivados do desprazamento de cinco concelleiros á última edición de FITUR, celebrada en xaneiro en Madrid. A formación nacionalista cualifica de “innecesaria” a elevada representación institucional e considera que a decisión resulta “especialmente desacertada” no actual contexto económico do Concello, tras pecharse as contas municipais de 2025 cun déficit de 474.000 euros.  Neste escenario, sinalan, a prioridade debe ser a contención do gasto e unha xestión responsable e eficiente dos recursos públicos.O BNG tamén discrepa do enfoque do vídeo promocional presentado na feira, que sitúa o municipio como punto de partida para percorrer a comarca.  Ao seu xuízo, a estratexia turística debería centrarse na posta en valor do patrimonio propio, como a contorna do Castelo, Os Penedos ou o Parque do Megalitismo, co obxectivo de que o impacto económico repercuta directamente no conxunto das parroquias. Por iso, os nacionalistas sosteñen que antes de destinar recursos a viaxes ou campañas promocionais, o goberno local debería priorizar a mellora e acondicionamento dos espazos e infraestruturas municipais, tanto para reforzar o seu atractivo turístico como para garantir o seu uso e desfrute por parte da veciñanza.

𝐄𝐧𝐭𝐫𝐞𝐠𝐚 𝐝𝐞 𝐝𝐢𝐩𝐥𝐨𝐦𝐚𝐬 𝐝𝐨𝐬 𝐜𝐮𝐫𝐬𝐨𝐬 𝐝𝐞 𝐦𝐨́𝐛𝐢𝐥𝐞𝐬 𝐝𝐚 𝐂𝐫𝐮𝐳 𝐑𝐨𝐣𝐚 en Zas

Este venres celebrouse no concello de Zas a entrega de diplomas ás persoas participantes nos cursos…

A TVG recolleu a denuncia de dúas veciñas de Baio pola situación dun poste de Telefónica

Estes días a TVG recolleu a denuncia de dúas veciñas de Baio pola situación dun poste…

A próxima semana volven a Zas os 𝗥𝗮𝘁𝗶𝗻̃𝗼𝘀 𝗱𝗲 𝗟𝗼𝗻𝘅𝗲𝗱𝗲𝘁𝗼𝗱𝗼

Trinke Trinke regresa a Zas para continuar coas súas visitas mensuais ó concello, cunha nova sesión…

O BNG de Vimianzo denuncia a paralización de servizos municipais e responsabiliza á alcaldesa

Vimianzo, 18 de febreiro de 2026. O Bloque Nacionalista Galego de Vimianzo denuncia a “intolerable” falta…