A Asociación Íntegro visita a lonxa de Malpica para coñecer o percorrido do peixe ata a súa comercialización

A Asociación Íntegro realizou hoxe unha visita á Lonxa de Malpica de Bergantiños para coñecer de primeira man o funcionamento destas instalacións e todo o proceso que segue o peixe desde a súa chegada ao porto ata a súa distribución nos mercados.

Durante o percorrido, as persoas participantes puideron descubrir como se desenvolve o proceso de poxa, os distintos pasos da comercialización e o traballo que realizan os profesionais da lonxa para garantir que o produto chegue fresco ás mesas dos consumidores.

A actividade permitiu achegarse á realidade diaria do sector pesqueiro e coñecer máis polo miúdo unha parte fundamental da actividade económica e social de Malpica.

Desde a Asociación Íntegro agradeceron ao persoal da lonxa a acollida, o tempo dedicado e a oportunidade de coñecer de preto o seu traballo diario.