
A III Xornada Canina do Concello de Zas converteuse novamente nun éxito de participación e asistencia, consolidándose como unha das citas de referencia na Costa da Morte para os amantes do mundo canino. Ao longo da xornada, veciños e visitantes gozaron dun evento marcado pola convivencia, a competición e a paixón polos cans.
Ata o municipio achegáronse participantes procedentes de diferentes puntos de Galicia, entre eles Betanzos, Carballo, Cee, Cabana, Ponteceso, Santiago, Abegondo, Pontedeume e o propio Zas, demostrando o crecente interese que esperta esta actividade ano tras ano.
Todos os participantes recibiron un agasallo por parte de Alcelcre, entidade colaboradora da xornada.
Gañadores do Concurso Local da Costa da Morte
No concurso local destacaron:
- O can máis guapo: Pastor alemán
- O can máis simpático: Mestizo
Premiados na Exposición Canina para o Campionato Galego Alcelcre
A exposición canina tamén reuniu exemplares de gran nivel, resultando premiados:
- Mellor macho de menos dun ano: Beauceron
- Mellor femia de menos dun ano: Caniche
- Mellor femia de máis dun ano: Caniche
- Mellor femia da exposición: Caniche
- Mellor macho de máis dun ano: Golden Retriever
- Mellor da exposición: Golden Retriever
- Mellor criador: Beauceron
Desde a organización quixeron agradecer especialmente a implicación e colaboración de Alcelcre, Xea Galicia e o Centro Veterinario Cenvet, fundamentais para facer posible unha edición que continúa medrando ano tras ano.
A xornada rematou cun sorteo de dez agasallos entre as persoas participantes. Os premios foron entregados polo alcalde de Zas, Manuel Muíño, e polo concelleiro de Persoal, Lito Velo.