
O Concello de Camariñas tivo o pracer de entregar unha pañoleta conmemorativa a un grupo de persoas peregrinas que iniciou desde a zona do Curbeiro a etapa entre Camariñas e Muxía, un dos tramos máis emblemáticos do ✨ Camiño do Litoral.
Desde o Concello quixeron agradecer a visita de todas as persoas que escollen este itinerario para descubrir a riqueza natural, cultural e paisaxística da Costa da Morte. “Estamos moi orgullosos de poder recibir a tantas persoas que percorren os nosos camiños e se deixan sorprender pola beleza única da nosa contorna”, destacaron.
O tramo Camariñas-Muxía está considerado como unha das etapas raíñas do Camiño do Litoral, ofrecendo aos peregrinos vistas espectaculares do mar, praias salvaxes e recunchos de gran valor patrimonial e ambiental.
Con este pequeno agasallo, o Concello busca dar a benvida e deixar unha lembranza especial da súa paso por Camariñas, reafirmando ademais o compromiso municipal coa promoción do turismo sostible e do patrimonio local.
😍 Unha experiencia para sentir, descubrir e desfrutar dunha paisaxe verdadeiramente única.