
A Romaría de San Hadrián está á volta da esquina e, como cada ano, centos de veciños de Ponteceso, Malpica e das parroquias da contorna preparan a súa peregrinación a pé ou en coche. O que tamén parece unha tradición consolidada é o estado da estrada provincial DP-4307, onde a maleza leva meses demostrando unha capacidade de crecemento que xa quixeran para si moitos plans de emprego.
Mentres os toxos e silvas avanzan sen oposición polas marxes da vía, os veciños pregúntanse se na Deputación da Coruña teñen localizado no mapa este tramo de estrada ou se segue oculto detrás dalgunha sesión fotográfica institucional.
A escasos días dunha das romarías máis concorridas da Costa da Morte, os usuarios da estrada reclaman unha limpeza urxente. Non piden grandes obras nin inauguracións con cinta e tesoiras. Piden algo moito máis revolucionario: que se corte a maleza.
Hai quen comenta con certa retranca que na provincia hai estradas que reciben menos visitas dos equipos de mantemento ca algúns pobos reciben de políticos en campaña electoral. E a DP-4307 semella querer competir por ese récord.
Mentres tanto, o presidente provincial, Valentín González Formoso, continúa coa súa intensa actividade institucional. Os veciños, pola súa parte, agradecerían que entre acto e acto aparecese tamén algunha desbrozadora.
Na comarca tampouco faltan conversacións sobre soldos, contratos, cargos e actividades económicas varias. Un tema que dá para longas tertulias de café, especialmente cando se comparan ingresos públicos e privados. Con todo, os veciños teñen claro que o importante non é quen cobra máis ou menos, senón que as estradas estean en condicións e que os servizos públicos funcionen.
Por agora, a maleza da DP-4307 segue cumprindo co seu calendario sen atrasos nin plan de axuste. Medra, expándese e ocupa terreo con máis eficacia que moitas administracións.
Quizais antes de San Hadrián apareza o milagre e as máquinas da Deputación decidan facer acto de presenza. Os romeiros, por se acaso, xa están preparados. Iso si, algúns empezan a sospeitar que os toxos teñen máis posibilidades de chegar primeiro á romaría ca os operarios encargados da limpeza.
SANTA COMBA O ERRO DE VALENTÍN
Xa é hora que se poñan a traballar, moita foto co alcalde de Santa Comba, un alcalde Exclusivo con 6 actividades económicas, cun plan de axuste de facenda, cunha débeda disparada pero é mellor reir que chorar e Presumir cando o concello debe moito diñeiro a provedores locais. Sr Formoso pongase a traballar, e non se preocupe por alberto Romar, romar cobra 52.000€ anuais, + 18.000€ nun contrato privado co concello de Val do Dubra (Alcalde de Val do Dubra alcumado o Magic Alonso ou Farruquito) 52.00+18.000 son 70.000 e aínda quédanlle 5 actividades economicas, cobra mais que vostede valentin, que cabaleiro e que ines rei e vostede rindo co no pobo.