A Xunta impulsa en Negreira unha nova senda alternativa ás estradas no Camiño de Fisterra e Muxía

A Xunta de Galicia publicou esta semana os proxectos para a construción de novas sendas peonís alternativas ás estradas no trazado do Camiño de Fisterra e Muxía, co obxectivo de mellorar a seguridade e a experiencia das persoas peregrinas.

No caso de Negreira, a actuación prevista abrangue o tramo de entrada á vila dende o cruzamento coa estrada AC-447, na zona da Barquiña, ata o núcleo da Chancela. A nova senda situarase entre os PP.QQ. 71+283 e 70+329 da traza oficial do Camiño de Fisterra e Muxía.

O proxecto busca ofrecer un itinerario máis seguro e accesible para peóns e peregrinos, reducindo a circulación por treitos de estrada con tráfico rodado e reforzando a integración do percorrido no entorno natural e urbano.

A relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola actuación foi publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG), iniciándose así o proceso administrativo correspondente.

As persoas interesadas poden consultar toda a documentación e información complementaria a través do DOG e da web da Axencia Turismo de Galicia.

https://concellodenegreira.gal/gl/novas/nova-senda-entre-barquina-e-chancela?fbclid=IwY2xjawRtSLNleHRuA2FlbQIxMABicmlkETBicFdROFlXT0NDM1llbFpHc3J0YwZhcHBfaWQQMjIyMDM5MTc4ODIwMDg5MgABHuC2-EkanI-nNvOcfEfRwUEc4l_R95jb0zxCVXn7QLLotChcKfIEIk5_17jP_aem_KLhQrkkSAYprMjKAo8aEww