
Un accidente de tráfico rexistrouse este domingo, arredor das 13:10 horas, na zona de O Empalme, no Concello de Tordoia.
O sinistro tivo lugar na DP-1914, na vía que conecta A Aultura coa rotonda da AC-400. Segundo os datos iniciais, o accidente deixou varias persoas feridas, aínda que polo momento non transcenderon máis detalles sobre o seu estado nin sobre o número exacto de afectados.
Os servizos de emerxencias desprazáronse ata o punto do accidente para atender as persoas implicadas e avaliar a situación.
As circunstancias nas que se produciu o sinistro están pendentes de esclarec