
O deputado do PSdeG-PSOE no Parlamento Galego participou na manifestación contra esta instalación convocada pola plataforma Biogás na Laracha.
En A Laracha, 9 de maio de 2026.
O PSdeG participou na manifestación da plataforma Biogás na Laracha, onde amosou o seu apoio ás reivindicacións en contra do proxecto de planta de biogás.
Na protesta participaron diferentes representantes socialistas dos municipios afectados, entre eles o alcalde de Culleredo, o coordinador comarcal e a voceira socialista da Laracha, ademais doutros representantes das vilas afectadas. Tamén estivo presente Aitor Bouza, deputado do PSdeG-PSOE no Parlamento Galego.
Bouza subliñou que «o Partido Socialista está manifestamente en contra da implantación desta nova planta de biogás no concello da Laracha». Indicou que este proxecto «afecta non só a Laracha, senón tamén aos concellos de Cerceda, Culleredo» e ós municipios da comarca.
«É un atentado contra estas terras rústicas, contra este chan rústico», lamentou o socialista, que se preguntou pola herdanza que van ter as novas xeracións se finalmente se instala esta infraestrutura.
«A partir do momento en que unha planta de biogás teña aquí, poña aquí o pé, estas terras caen en picado no seu valor», advertiu o socialista.
«É un atentado contra o medio ambiente, é un atentado contra á forma de vida dos veciños da Laracha que non van ver ningún beneficio con esta nova planta de biogás na súa contorna», concluíu.



