As Festas de Tella 2026 encherán de música e tradición a parroquia do 24 ao 26 de xullo

Tella (Ponteceso) volverá vestir de festa esta fin de semana coa celebración das Festas de Tella 2026, que terán lugar desde o venres 24 ata o domingo 26 de xullo. O programa combina actos relixiosos, música en directo, pasarrúas, sesións vermú, verbenas e un espectáculo de fogos artificiais, todo baixo unha gran carpa instalada no campo da festa para garantir o desenvolvemento das celebracións.

A programación arrancará o venres 24 de xullo cun tardeo que dará comezo ás 20.00 horas, amenizado pola Disco Móbil Chocolate, encargada de abrir tres intensas xornadas de celebración.

O sábado 25 de xullo, día grande das festas, iniciarase ás 13.30 horas coa misa solemne na honra de San Antonio, seguida dun pasarrúas a cargo dos gaiteros. A continuación celebrarase unha macrosesión vermú amenizada polo Grupo Máster. Pola noite terá lugar a gran verbena, coa participación da Orquestra D’Noche, o Grupo Máster e novamente a Disco Móbil Chocolate. Ademais, á 1.00 da madrugada está previsto un espectáculo de fogos artificiais.

As celebracións rematarán o domingo 26 de xullo cunha misa na honra do Santísimo Sacramento, tamén ás 13.30 horas, seguida dun pasarrúas coa Charanga Rumbo e dunha macrosesión vermú que estará amenizada pola Orquestra D’Noche.

Durante tres días, veciñanza e visitantes poderán gozar dun ambiente festivo no que non faltarán a música, a tradición e a convivencia, convertendo unha vez máis as Festas de Tella nunha das citas destacadas do verán no municipio de Ponteceso.