ATOPAN UNHA PERSOA FALECIDA NO INTERIOR DUNHA VIVENDA EN RIBEIRA

Un operativo conxunto dos servizos de emerxencia permitiu acceder a unha vivenda no municipio de Ribeira, onde foi localizada unha persoa falecida.

Na intervención participou unha dotación de garda de Bombeiros Ribeira, mobilizada para colaborar na apertura do inmoble, así como efectivos do 061, da Agrupación de Voluntarios e do Servizo Municipal de Protección Civil de Ribeira, da Policía Local e da Policía Nacional.

A intervención rematou co achado dunha persoa sen vida no interior da vivenda.

Polo momento, non transcenderon máis datos sobre as circunstancias do suceso.