
Unha colisión rexistrada no Polígono de Sabón, en Arteixo, deixou dous feridos e importantes danos materiais.
Os Bombeiros de Arteixo tiveron que intervir para liberar as dúas persoas feridas, que quedaron atrapadas a consecuencia do impacto. Tras ser excarceradas, recibiron asistencia sanitaria.
O accidente mobilizou os servizos de emerxencia para atender os afectados e asegurar a zona.
As circunstancias nas que se produciu a colisión están pendentes de determinar.