
O Concello informa dun corte temporal do tráfico no acceso á Rúa Perigos desde a Rúa San Antonio debido á execución de obras municipais no tramo sinalado.
Os traballos desenvolveranse durante o luns 18 e o martes 19 de maio, polo que permanecerá restrinxida a circulación nesta zona mentres duren as actuacións.
Desde a Concellería de Obras pregase á veciñanza que non estacione nas áreas indicadas, co obxectivo de facilitar o acceso da maquinaria e do persoal operario encargado dos traballos.
Co fin de garantir o acceso ás vivendas da cidadanía durante os días afectados, habilitarase de maneira excepcional a circulación en dobre sentido na Rúa Perigos. Neste caso, terán preferencia os vehículos que descendan pola costa.
O Concello agradece a colaboración e comprensión da veciñanza ante as molestias ocasionadas por estas obras de mellora.