En Cambre, por fin hai solución; en Malpica, seguimos esperando

Espello concello de Cambre

Despois de case seis meses de chamadas, reclamacións por escrito e denuncias nos medios, o espello de tráfico de Cambre xa está colocado. En Malpica, mentres tanto, seguimos esperando.

Por fin, o espello de tráfico de Cambre xa está colocado. Chega despois de case seis meses de chamadas, reclamacións por escrito e incluso de levar a situación aos medios de comunicación, tanto na prensa como na televisión.

A veciñanza celebra que, finalmente, se atendese unha reclamación relacionada directamente coa seguridade viaria. Pero esta solución tamén pon sobre a mesa unha realidade difícil de entender: mentres en Cambre se acaba dando resposta ás demandas da veciñanza, en Malpica os problemas continúan sen solución.

En Mens, o espello de tráfico segue pendente, a pesar das reclamacións realizadas. E non é o único caso. En distintos puntos de Malpica, varios espellos e sinais de tráfico continúan nunha situación que precisa dunha actuación.

A pregunta que se fan os veciños é evidente: se en Cambre finalmente se puido solucionar, por que en Malpica non se fai o mesmo?

Non se trata simplemente de colocar un espello ou cambiar unha sinal. Trátase de seguridade viaria, de evitar riscos innecesarios e de atender as demandas dos veciños cando levan meses trasladando problemas que son perfectamente visibles.

En Malpica, polo de agora, as reclamacións acumúlanse e as solucións non chegan. Mentres se espera, os espellos seguen pendentes, as sinais continúan sen renovarse e os veciños seguen preguntándose canto máis terán que insistir para que se actúe.

O caso de Cambre demostra que cando hai vontade, as cousas poden solucionarse. Agora a veciñanza de Malpica reclama simplemente o mesmo: que as súas peticións tamén sexan escoitadas e que, dunha vez por todas, se faga algo.