
O Concello deu por concluídos nos últimos días os traballos de renovación da sinalización horizontal en diferentes vías do municipio, unha actuación destinada a mellorar a seguridade viaria e a visibilidade para condutores e peóns.
As intervencións realizáronse nas rúas San Vicenzo, Rosalía de Castro, Castelao, Xacinto Rodríguez, Castiñeira e Tedelle, onde se procedeu ao repintado e actualización das marcas viarias.
Segundo informan desde o Concello, esta mellora contribúe a facer as vías máis visibles e a favorecer unha circulación máis segura no día a día, reforzando así a seguridade en puntos clave da rede viaria urbana.
Coa finalización destes traballos, espérase unha mellora notable na ordenación do tráfico e na percepción de seguridade por parte da cidadanía.






