
A parroquia de Fornelos vivirá este domingo unha xornada moi especial coa inauguración da Área Recreativa do Reirís, un novo espazo pensado para o encontro e desfrute da veciñanza. A celebración, organizada pola Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos, contará cunha destacada proposta cultural para todos os públicos.
Dentro da programación prevista, o público poderá gozar do espectáculo “Dous no Camiño”, unha divertida creación protagonizada por Isabel Risco e Fran Rei, baixo a dirección de Avelino González.
A función achegará ao Reirís unha mestura de humor, tradición e historias arredor das lendas xacobeas, nun espectáculo pensado para facer rir e reflexionar ao mesmo tempo.
A cita será este domingo 17 de maio ás 18:00 horas na Área Recreativa do Reirís, nunha tarde que promete converterse nun punto de encontro para a cultura, a convivencia e a celebración comunitaria.
Desde a organización animan á veciñanza e visitantes a participar nesta inauguración e compartir unha xornada festiva nun entorno natural privilexiado.