
Unha persoa resultou ferida de gravidade esta madrugada tras ser atropelada en Bertamiráns, no concello de Ames.
O suceso mobilizou os servizos de emerxencias, que acudiron ao lugar para prestar asistencia á persoa afectada. No operativo participaron efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ames (AVPC Ames), persoal sanitario do 061, con ambulancia de soporte vital básico e ambulancia medicalizada, así como profesionais do Punto de Atención Continuada (PAC) de Bertamiráns.
Tamén interviñeron axentes da Policía Local de Ames e da Garda Civil de Tráfico, que se encargaron das actuacións correspondentes e da regulación da circulación na zona.
As circunstancias nas que se produciu o atropelo están a ser investigadas.