
A Demarcación de Costas do Estado está a realizar arranxos e acondicionamento dos paseos marítimos, comezando nos accesos á Langosteira, atendendo ás necesidades trasladadas dende o goberno actual.
O Concello de Fisterra quere expresar o seu agradecemento á Demarcación de Costas do Estado polos traballos realizados nun dos accesos da praia da Langosteira, así como por ter en conta as indicacións que, no seu día, foron trasladadas dende este Concello en relación ás melloras necesarias no plan de recuperación dos paseos marítimos. ![]()
![]()
Coa preparación da tempada estival, dende o Concello comprometémonos a continuar cos traballos de mantemento e a iniciar novas actuacións nos paseos marítimos, que ao longo de moitos anos sufriron un importante deterioro.
Así mesmo, queremos salientar o compromiso da Demarcación de Costas nos espazos nos que, malia que xa non é posible o seu mantemento, se van levar a cabo actuacións para a recuperación destes accesos ás praias.


