O BNG de Muros reivindica a mellora das condicións laborais do persoal municipal fronte ás críticas do PP

O BNG de Muros reprocha ao Partido Popular que pretenda dar leccións sobre dereitos laborais cando, durante os seus catro anos de goberno municipal, non conseguiu avanzar na mellora das condicións do persoal do Concello.

O BNG de Muros saíu ao paso das afirmacións realizadas polo PP no último pleno municipal, nas que os populares abordaron cuestións relacionadas cos dereitos laborais do persoal municipal.

Desde o BNG sinalan que o propio PP acabou recoñecendo que, durante os seus catro anos á fronte do Concello, non foi quen de conseguir unha mellora das condicións laborais do persoal municipal.

Os nacionalistas destacan que a situación actual é diferente e que, durante o actual mandato, xa se conseguiron melloras nas condicións laborais dos postos peor retribuídos.

Ademais, o BNG subliña que se atopa avanzada a Relación de Postos de Traballo (RPT), unha ferramenta fundamental para organizar o persoal municipal, definir as funcións e responsabilidades de cada posto e establecer unhas condicións laborais e retributivas acordes co traballo desenvolvido.

Segundo o BNG, a RPT non foi sacada adiante polo anterior goberno municipal por falta de interese político, polo que consideran que o avance actual representa un paso importante para ordenar e mellorar la situación do persoal do Concello.

A formación nacionalista critica así a actitude do PP desde a oposición e defende que as políticas destinadas a mellorar as condicións laborais deben demostrarse con feitos desde o goberno.

Menos dar leccións desde a oposición e máis mellorar a vida das persoas cando se goberna”, sinala o BNG de Muros, que reivindica o traballo realizado para avanzar na mellora das condicións do persoal municipal.