
Durante o mes de agosto, as brigadas do Concello de Corcubión continuaron cos traballos de desbroce, limpeza de camiños, acondicionamento de zonas verdes e diversas tarefas de mantemento en distintos puntos do municipio.
Estas actuacións teñen como obxectivo manter en boas condicións os espazos públicos, facilitar o tránsito polos camiños e mellorar a limpeza e o aspecto das diferentes zonas do concello.
Unha vez rematadas as festas do mes de xullo, os traballos intensificáronse e continuarán durante as vindeiras semanas nas zonas que aínda están pendentes de actuación, ata completar progresivamente todo o municipio.
Desde o Concello agradecen o traballo das brigadas municipais e a colaboración e comprensión da veciñanza durante o desenvolvemento destas tarefas de limpeza e mantemento.









