O Concello de Vimianzo remata as obras de mellora do vial entre Reboredo e o cruce de San Bartolo

O Concello de Concello de Vimianzo vén de finalizar as obras de ampliación e mellora do vial municipal que conecta Reboredo co cruce de San Bartolo, unha actuación destinada a reforzar a seguridade viaria e facilitar a circulación nesta importante conexión entre as parroquias de Vimianzo e Salto.

Os traballos permitiron ampliar o ancho da vía e renovar o firme, mellorando notablemente as condicións de tránsito tanto para os vehículos como para as persoas usuarias da estrada. Esta intervención responde á necesidade de adaptar o vial ao volume de tráfico existente e garantir unha circulación máis cómoda e segura.

Desde o goberno local destacan que esta actuación forma parte do compromiso municipal coa mellora das infraestruturas viarias no rural e coa vertebración das distintas parroquias do municipio.

Ademais, o Concello avanzou que nos vindeiros meses se dará continuidade ás obras ata o cruce de Trasouteiro, completando así unha nova fase de mellora desta conexión viaria.