
O Concello de Concello de Fisterra informou do inicio das obras correspondentes ao proxecto de “Mellora do saneamento na rúa Alcalde Fernández-Rúa Náufragos”, unha actuación financiada con cargo ao Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal, coñecido como POS+ Adicional 2/2023 da Deputación da Coruña.
Os traballos teñen como obxectivo mellorar a rede de saneamento nesta zona do municipio, contribuíndo á modernización das infraestruturas básicas e á mellora dos servizos públicos para a veciñanza.
A actuación conta cun prazo de execución estimado de dous meses e foi adxudicada á empresa Aquablue Sistemas Constructivos SL por un importe total de 90.590,20 euros, IVE incluído.
Desde o goberno local destacan a importancia deste tipo de investimentos para continuar renovando infraestruturas municipais e garantir un servizo de saneamento máis eficiente e adecuado ás necesidades actuais do municipio.
