O Concello de Zas rende homenaxe a Enrique Labarta Pose no 101 aniversario do seu falecemento

O Concello de Zas celebrou onte un acto de homenaxe a Enrique Labarta Pose no 101 aniversario do seu falecemento, cunha ofrenda floral diante do monumento dedicado ao escritor baiés.

No evento participaron o alcalde, Manuel Muíño, e o descendente do autor, Ángel Labarta, quen destacaron a relevancia de continuar reivindicando a figura dun dos autores máis significativos da literatura galega e pioneiro na defensa da lingua propia.

“Foi un pioneiro da defensa do galego e unha figura fundamental da nosa cultura”, sinalou o rexedor, quen tamén reiterou a intención do Concello de promover que Labarta Pose poida recibir no futuro o recoñecemento das Letras Galegas.

Desde o Concello de Zas subliñaron a vontade de manter viva a memoria e a obra dun autor considerado unha das voces máis destacadas da cultura galega, reforzando así o compromiso institucional coa difusión do seu legado literario.