O PP DE VALDOVIÑO RECLAMA A EXECUCIÓN DA ESTRADA DE VILABOA

Os veciños e veciñas de Vilaboa volven alzar a voz para denunciar o abandono que, segundo trasladan, sofre esta zona por parte da Deputación e do Concello de Valdoviño.

Dende o Grupo Municipal do Partido Popular de Valdoviño amosamos o noso apoio á reivindicación da veciñanza e reclamamos que, dunha vez por todas, se execute a mellora da estrada de Vilaboa, unha actuación anunciada hai xa 20 anos e que continúa sen facerse realidade.

Vilaboa merece atención, compromiso e solucións. Os seus veciños e veciñas non poden seguir agardando indefinidamente por unha infraestrutura necesaria para a súa vida diaria.

É hora de pasar dos anuncios aos feitos e dar resposta a unha demanda histórica da veciñanza.