Polémica por unha obra de formigonado en Vilarnovo financiada pola Deputación

A recente actuación de mellora de infraestruturas no lugar de Vilarnovo, en Santa Comba, consistente no formigonado dun camiño interior, xerou críticas no pobo tras a publicación das imaxes oficiais na conta de Facebook do Concello .

Segundo se pode observar nas fotografías difundidas, a vía carecería de elementos básicos como cunetas ou arcenes, fundamentais para a evacuación da auga da chuvia e para garantir a seguridade dos usuarios. Esta carencia podería derivar, a medio prazo, en problemas de drenaxe que obriguen a realizar novas intervencións para canalizar correctamente as augas pluviais.

Outro dos aspectos cuestionados é a proximidade dos muros laterais á calzada, sen deixar espazo suficiente para unha posible cuneta ou zona de contención, o que limita a funcionalidade e durabilidade da obra. Ademais, tamén se apunta a que o pavimento non presenta un nivelado uniforme, o que podería afectar á comodidade e seguridade do tránsito.

Veciños e voces críticas sinalan que este tipo de acabado en formigón pode resultar esvaradizo en épocas de choiva, incrementando o risco de caídas, especialmente entre persoas maiores e nenos.

Desde estes sectores tamén se acusa ao goberno local de priorizar a difusión da obra sobre a súa execución técnica, cuestionando a calidade final dos traballos realizados.

Como xa nos ten acostumados Alberto Romar moito vender fume e pouco traballar polo concello.