
A concentración terá lugar hoxe, domingo 9 de agosto, ás 17:30 horas, nos dous extremos da ponte de Evaristo, en Esteiro (Muros).
A veciñanza de Esteiro está convocada este domingo, 9 de agosto, ás 17:30 horas, a unha concentración na ponte de Evaristo para reclamar unha solución ante o peche da pasarela que comunica a zona da praia coa contorna do muelle.
A convocatoria terá lugar nos dous extremos da ponte, co obxectivo de visibilizar o malestar da veciñanza pola situación actual e defender a recuperación dunha infraestrutura considerada importante para a comunicación peonil da zona.
O Concello de Muros decidiu pechar ao tránsito a pasarela Evaristo despois de recibir un informe do aparellador municipal no que se sinala que a estrutura de madeira non reúne condicións de seguridade e debe ser demolida.
O peche da pasarela afecta directamente á mobilidade das persoas que habitualmente utilizan este paso para desprazarse entre a praia e a zona do muelle, polo que a decisión xerou preocupación e malestar entre parte da veciñanza.
Desde a concentración reclamarase que se adopten medidas para garantir unha alternativa segura e recuperar canto antes a conexión entre ambas zonas, evitando que o peche da pasarela se converta nunha solución permanente.
A cita é este domingo 9 de agosto, ás 17:30 horas, nos dous extremos da ponte de Evaristo, en Esteiro.