
Zas viviu esta mañá unha animada xornada deportiva coa celebración do circuíto de carreiras populares “Correndo pola Costa da Morte”, que fixo parada no municipio deixando ao seu paso numerosas imaxes de esforzo, superación e bo ambiente.
A participación foi destacada, con corredoras e corredores de diferentes idades que se deron cita para completar o percorrido nunha cita marcada pola ilusión e polo espírito deportivo. O evento volveu converter as rúas e camiños de Zas nun punto de encontro para afeccionados ao atletismo e veciñanza, que animou durante toda a proba.
Desde a organización destacouse o bo desenvolvemento da xornada e o comportamento exemplar de todas as persoas participantes, que contribuíron a facer posible unha actividade chea de enerxía e convivencia.
👏 Parabéns a todas as persoas que participaron por facer desta etapa en Zas unha auténtica festa do deporte.





