Accidente na AG-53 en sentido Santiago á altura da ponte do Viñao

Un accidente de tráfico rexistrouse na AG-53, en sentido Santiago de Compostela, á altura da ponte do Viñao, no tramo no que actualmente se están a desenvolver obras, pouco antes do desvío cara ao Carballiño.

O sinistro produciuse nunha zona na que as obras poden condicionar a circulación, polo que se recomenda extremar a precaución aos condutores que transiten por este punto.

Polo momento, non transcenderon datos sobre posibles persoas feridas nin sobre as circunstancias nas que se produciu o accidente