Un atropelo en Frades saldouse cunha persoa falecida

Unha persoa faleceu na noite deste venres tras ser atropelada por un vehículo na estrada AC-542, ao seu paso pola parroquia de Abellá, no municipio coruñés de Frades.

O accidente produciuse pouco antes das 22:00 horas. O 112 Galicia recibiu o aviso dun particular que alertaba de que había unha persoa tendida na calzada e que aparentemente non presentaba constantes vitais.

Ata o lugar desprazouse un equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, cuxo persoal confirmou o falecemento da vítima.

O operativo mobilizou tamén á Garda Civil de Tráfico e aos Bombeiros de Ordes. Estes últimos finalmente non tiveron que intervir, xa que a persoa estaba liberada e accesible.

A Garda Civil investiga as circunstancias nas que se produciu este tráxico atropelo