
Algúns ándano por motivos espirituais, hai quen o fai por turismo, diversión ou deporte. Tamén hai xente que o fai por coñecer xente, achegarse ao románico ou a unha natureza diversa e exuberante; hai quen o anda para atoparse así mesmo e hai quen o anda sen saber porqué. O certo é que, por un motivo ou por outro, miles de persoas percorren o Camiño de Santiago cada ano.
A Sección de Deportes da Asociación O Quinteiro de Buño ten preparada unha viaxe que será, cando menos, unha magnífica oportunidade para compartir experiencia, desfrutar do patrimonio arquitectónico e natural e rematar a xornada cunha boa comida na vila de Portomarín.
O próximo 6 de xuño realizaremos a primeira etapa desta aventura: Sarria – Portomarín, cun percorrido de 22 quilómetros. A intención é completar as restantes etapas ata chegar a Santiago de Compostela nos vindeiros meses ou anos… sen présas, pero con ilusión.
Detalles da actividade
Actividade: Etapa do Camiño de Santiago – Sarria – Portomarín
Data: 6 de xuño
Hora e lugar de saída: 07:00 h dende Buño (anunciaranse os puntos de recollida)
Etapa: Sarria – Portomarín
Distancia: 22 km
Dificultade: Media-alta
Prezo: 50 €
(inclúe desprazamento en autobús, seguro e comida en Portomarín)
Menú a escoller
- Menú 1: Caldo + pescada á romana
- Menú 2: Paella + pescada á romana
- Menú 3: Caldo + costela en salsa
- Menú 4: Paella + costela en salsa
Inscricións
A data límite para anotarse será o 24 de maio.
Para axilizar a organización da actividade, pregamos ás persoas interesadas que formalicen a súa inscrición canto antes a través do enlace habilitado para o pago mediante Bizum ou tarxeta.
Anímate a vivir o Camiño con nós!