Decomisan 105 quilos de berberecho extraído ilegalmente no Parque Natural de Corrubedo

Os dispositivos de vixilancia contra o furtivismo permitiron incautar un total de 105 quilos de berberecho extraído de maneira ilegal no Parque Natural de Corrubedo.

As actuacións desenvolveronse durante as madrugadas dos días 16 e 30 de outubro, nun operativo de control destinado a combater a extracción furtiva de recursos marisqueiros neste espazo natural protexido.

Nos dispositivos participaron os efectivos encargados da loita contra o furtivismo, que contaron tamén coa colaboración dun garda de recursos naturais.

A intervención permitiu retirar do circuíto ilegal os 105 quilos de berberecho, nunha actuación que pon de manifesto a importancia dos labores de vixilancia e control para protexer os recursos marisqueiros e preservar o equilibrio ambiental do Parque Natural de Corrubedo.

Este tipo de operativos resultan fundamentais para combater as prácticas ilegais de extracción e garantir a conservación dos bancos marisqueiros e o cumprimento da normativa vixente.