
A iniciativa Feito co Mar dará a coñecer os Viveiros Formativos de Emprendemento que se desenvolverán durante 2027.
Muxía acollerá o vindeiro martes 17 de novembro un encontro informativo do proxecto **Feito co Mar**, impulsado polo GALP Costa da Morte, co obxectivo de dar a coñecer novas oportunidades de emprendemento vinculadas á transformación dos produtos pesqueiros.
A xornada, que terá lugar ás 12:30 horas no salón de plenos do Concello de Muxía, servirá para presentar os **Viveiros Formativos de Emprendemento**, unha iniciativa que se desenvolverá ao longo de 2027 e que busca apoiar as persoas interesadas en poñer en marcha proxectos empresariais neste ámbito.
Durante o encontro, as persoas asistentes poderán coñecer os programas formativos previstos, os seus contidos e o calendario de desenvolvemento. Ademais, explicarase o funcionamento dos Espazos de Traballo Colaborativo e presentaranse exemplos prácticos de emprendemento relacionados co aproveitamento e a transformación dos produtos do mar.
A sesión tamén ofrecerá a oportunidade de resolver dúbidas, compartir propostas e reservar praza nos viveiros formativos.
A iniciativa contará cunha segunda sesión informativa o **xoves 19 de novembro, ás 12:30 horas, no Fórum Carballo**, co propósito de achegar esta proposta a outras persoas interesadas da Costa da Morte.
As persoas que desexen ampliar información poden facelo a través da web [i.gal/feitocomar](http://i.gal/feitocomar), do correo electrónico info@feitocomar.gal ou do teléfono 627 570 950.
**Datos do encontro en Muxía:**
– Data: martes 17 de novembro de 2026.
– Hora: 12:30 horas.
– Lugar: salón de plenos do Concello de Muxía.
– Enderezo: rúa Real, 35.
